
Xa nun plano máis concreto, darase a coñecer aos asistentes o Programa de Adestramento Individualizado da Factoría de Innovación da Coruña, a través do cal máis de cen PEME contarán de balde coa axuda dun adestrador especializado en innovación que as guiará e asesorará para que sexan quen de identificar, definir e pór en marcha un proxecto de I+D+i, “que lles permitirá mellorar o seu posicionamento no mercado e o seu potencial competitivo”. Ademais, tamén se detallará o programa de actividades en aberto que a Factoría de Innovación levará a cabo na provincia. Con este fin, darase unha sesión que permita entender o valor deste proceso de subirse ao carro da innovación e algunhas recomendacións prácticas sobre iso.
O encontro en cuestión dará comezo ás 16.45 co rexistro de asistentes. Ás 17.15 desenvolverase o relatorio Vender máis e mellor a cargo de David Cano e Mónica Citores, da Oficina Técnica da Factoría da Innovación da Coruña. Máis tarde será a quenda de Julio Sánchez, consultor da Factoría. A xornada rematará cunha rolda de traballo en rede a disposición de participantes e asistentes.
Ademais da celebración da xornada de Santiago de Compostela, durante a vindeira semana a Factoría de Innovación da Coruña levará a cabo as seguintes sesións de presentación que permitirán difundir a iniciativa entre o tecido empresarial da provincia:
Mércores, 5 de marzo – 17:00 horas – Casa do Concello de Boqueixón (Boqueixón)
Mércores, 5 de marzo – 20:00 horas – Casa da Cultura de Ordes (Ordes)
Xoves, 6 de marzo – 20:30 horas – Recinto Feiral de Curtis (Curtis)
A Factoría da Innovación e o Clúster TIC amosan en Santiago métodos para levar unha empresa ao máis alto
Compartir Este Artigo
