
Por 87 euros/mes en zonas con cobertura de fibra óptica ou 75 euros/mes no caso contrario, será posible contratar os paquetes Movistar Fusión TV Para Todos, Fútbol e Energía, que ofrecerán contidos variados, fútbol e outros eventos deportivos (tenis, Fómula 1, motociclismo…) respectivamente; mentres que os máis esixentes poderán optar por contratar Movistar Fusión TV Total por 107 euros/mes en zonas con cobertura de fibra ou 95 euros en caso contrario, recibindo así a oferta televisiva completa. Os lotes de contidos televisivos Para Todos, Energía e Fútbol tamén poden contratarse por separado a un prezo de 20 euros/mes.
Calquera das opcións de televisión indicadas contan coa posibilidade de poder recibirse no televisor, no ordenador ou en dispositivos móbiles, podendo gozar tamén dun gravador persoal en rede con 350 horas de almacenamento (incluíndo gravacións en alta definición). En breve prevese que o servizo permite reproducir calquera programa dos 7 últimos días das canles contratadas polo cliente.
Movistar Fusión estrea novos paquetes con contidos televisivos
Compartir Este Artigo

