Tras a retirada de ligazóns de balde a contidos protexidos por parte da páxina web SeriesYonkis, agora temos o xurdimento dunha páxina web clona descaradamente á primeira, pero mudando de nome de dominio (agora baixo o sufixo .sx) o que parece ser unha xogada feita dun xeito totalmente independente a Burn Media, S.L., propietaria de SeriesYonkis e que declarou abertamente non ter nada que ver co novo espazo web.
O novo espazo carece polo momento de publicidade, pero facilita o acceso a moitos contidos audiovisuais. O nome de dominio seriesyonkis.sx está rexistrado a nome do ruso Arseny Alexeyev, e polo momento non se sabe se estamos ante información de rexistro real, polo que haberá que agardar un tempo para ver se este clon de SerieYonkis mantén a súa actividade ou queda nunha mera anécdota.
O que si demostra a nova páxina web é que de pouco sirve o peche administrativo de espazos con ligazóns nas que se facilitan contidos protexidos, posto que a súa replicación pode ser moi rápida, resultando moi complicado poder acoutar a proliferación de sitios web destinados a compartir contidos audiovisuais sen o consentimento dos propietarios dos seus respectivos dereitos de explotación.
Aparece na web un clon de SeriesYonkis
Compartir Este Artigo

