O consultor de seguridade informática Bass Bosschert está a dar conta dunha potencial vulnerabilidade de WhatsApp, que facilitaría que aplicacións de terceiros puidesen acceder á nosa información almacenada pola ferramenta de mensaxería instantánea en terminais con Android polo simple feito de que a súa base de datos gárdase na tarxeta SD do dispositivo, de xeito que calquera outra aplicación con autorización para acceder á mesma podería roubar a información.
Bosschert quixo probar esta vulnerabilidade sobre o terreo, polo que creou unha aplicación de Android que pide permiso para acceder á tarxeta SD e que ten como obxectivo cargar varios documentos da base de datos de WhatsApp a un servidor web. Estes ficheiros poden logo desprotexerse e procesarse con distintas ferramentas dispoñibles no mercado (como Whatsapp Xtract), o que permitiría acceder a todas as nosas conversas anteriores, o que leva a que o consultor comente a xeito de curiosidade que “Facebook non precisa mercar WhatsApp para ler os teus chats”, o que resumiría este problema de seguridade con algo de humor.
Avisan da facilidade coa que as aplicacións para Android poden roubar as nosas conversas de WhatsApp
Compartir Este Artigo

