
Elastic Projects posibilita realizar un control de custos do proxecto, un seguimento da evolución, un control das horas de traballo empregadas, introducir procesos de traballo, xestionar a carga e capacidade dos recursos, xestionar a facturación e a documentación empregada, análise de indicadores (KPI), controlar o acceso de múltiples usuarios á información, amais pódense facer personalizacións adaptadas ás particularidades dos proxectos que xestiona cada empresa.
Permite a súa integración con outras ferramentas (ERP, programas de contabilidade, páxinas web, etc.). Asemade, esta ferramenta basease no estándar de xestión de proxectos PMBOK (Project Management Body of Knowledge), recomendado polo PMI (Project Management Institute).
Para aqueles interesados está dispoñible unha demostración (Usuario: demo; Contrasinal: demouser). Engadir que as empresas que desexen participar no proxecto deberán contactar canto antes co grupo de xestión do Clúster (info@clusterticgalicia.com; telf.: 881 939 651), pois só hai 7 prazas e as empresas serán escollidas por orde de manifesto de interese. O prazo preferencial para socios do Clúster TIC remata o venres 21 de marzo.
O Clúster TIC Galicia achega unha ferramenta para xestionar proxectos
Compartir Este Artigo
