BlackBerry anunciou hoxe que acadou un acordo a través do que venderá a meirande parte dos seus bens inmobiliarios en Canadá como unha medida para incrementar a súa eficiencia operativa, optimizar o uso de recursos e desprazar recursos para manter o seu negocio en marcha.
Está previsto que a operación estea totalmente pechada no primeiro trimestre fiscal de 2015, e o director xeral de BlackBerry, John Chen, insiste en que esta medida non afectará á presenza da compañía en Canadá, de xeito que Waterloo manterá os seus cuarteis xerais (a empresa arrendará boa parte das instalacións vendidas).
Estímase que a venda das propiedades inmobiliarias de BlackBerry poida xerar uns ingresos de ata 550 millóns de dólares canadenses (356 millóns de euros), efectivo que poderá manter a flote a unha compañía que está a vivir os peores momentos da súa historia, coa practicamente desaparición do mercado de smartphones que lideraban hai non moitos anos.
BlackBerry chega a un acordo para a venda das súas instalacións canadenses
Compartir Este Artigo

