Aínda que o anuncio de que o Nokia X chegara ao millón de unidades reservadas en China parecía xa unha boa nova, esta resposta comercial para os primeiros móbiles de Nokia con Android está a ser aínda mellor, e as vendas iniciais foron realmente impresionantes, de xeito que a plataforma de comercio electrónico JD.com esgotou todas as súas unidades do Nokia X en apenas 4 minutos, no recuperando stock ata o 31 de marzo.
Aínda é moi cedo para poder ter datos reais sobre as vendas chinesas dos novos smartphones de baixo custo de Nokia, pero agora a grande incógnita é se as boas vendas do Nokia X erosionarán ás da familia Lumia, pois a diferencia de prezo entre ambas gamas é moi cativa: en JD.com vende o Nokia X por 599 iuans (69,86 euros) e o Lumia 520 por 629 iuans (73,36 euros).
Vídeo no que explican como instalar WhatsApp nun Nokia X
O Nokia X esgótase en China en poucos minutos
Compartir Este Artigo

