
Lembrar que UNIRED está integrada por sete membros con sede en diferentes comunidades autónomas:, Itelazpi de Euskadi, RETEGAL de Galicia, Telecom CLM de Castela A Mancha, AST – Aragonesa de Servizos Telemáticos, Axión, empresa andaluza de ámbito nacional, Nasertic de Navarra e Multimedia IB das Balears, estas dúas últimas uníronse a asociación o pasado ano. Segundo informa AMTEGA, a actividade agregada destas empresas suma máis de 100 millóns de euros e xestionan máis de 2.500 centros de telecomunicacións, “o que converte a UNIRED nunha das maiores asociacións de operadores de telecomunicacións de España”.
Como dixemos, a actividade da asociación baséase no intercambio de experiencias dos membros e a realización de accións conxuntas nos seus diferentes eidos de acción: redes de Televisión Dixital Terrestre (TDT), aluguer de infraestruturas de telecomunicacións, despregamentos de redes de banda ancha, redes de emerxencias, etc.
Durante o 2014 analizaranse temas de gran importancia no sector, como o dividendo dixital ou a Axenda Dixital Europea 2020, nos que a asociación será un importante foco de opinión e acción. Asemade, este ano continuarase o labor de comunicación cos organismos oficiais do sector, como a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) e a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información (SETSI).
RETEGAL ostentará de novo a presidencia da asociación nacional de operadores, UNIRED
Compartir Este Artigo
