
Brasil non é o primeiro país que aposta por un escenario regulamentario coma este, aínda que si que é un dos que está a xerar maior repercusión: polo valente das propostas que abrangue, por ser Brasil unha potencial mundial e pola gran cantidade de internautas que acubilla. O Marco foi aprobado polo Congreso e está arestora á espera de que o Senado o ratifique.
Segundo se conta, trátase dun dos documentos máis innovadoras sobre dereitos e administración de Internet. De feito, garante no seu artigo número 9 un dos dereitos polo que máis se ten loitado ao longo dos últimos anos (sobre todo co inicio da década), e que inexplicablemente case ningún organismo tivera folgos e/ou oportunidade de preservar, ante a presión das grandes corporacións que queren controlar o que se di na Internet. Falamos do dereito á neutralidade da Rede, que queda reflectido no Marco deste xeito: “O responsável pela transmissão, conmutación ou roteamiento tem o dever de tratar da mesma forma qualquer pacote de dados, sem distinção por conteúdo, origem e destino, serviço, terminal ou aplicação”. Isto significa entre outras cousas que ningunha compañía de telecomunicacións terá a capacidade de restrinxir o acceso á información ou reducir a velocidade de tráfico. De feito, ligando co anterior, no artigo número 8 tamén asegúranse liberdades como o “pleno exercicio de acceso a Internet”. Porén, infórmase el Eldiario.es que para a elaboración do documento fixéronse algunhas concesións ás empresas de telecomunicacións, por exemplo coa incorporación da demanda de diferenciación de servizo, que permite que non se prohiba a gratuidade a algúns servizos, como o acceso a Twitter ou Facebook dende dispositivos móbiles (cousa que impedirá que o custo de acceso repercuta nas teleoperadoras).
Segundo fixo saber a propia presidenta do país, Dilma Rousseff, no Twitter de seu, “o #MarcoCivil é uma ferramenta da liberdade de expressão, da privacidade do indivíduo e do respeito aos direitos humanos”.
Brasil aproba o marco civil que garante a neutralidade da Rede
Compartir Este Artigo
