
No vídeo que homenaxea a serie da HBO podemos ver dende o coliseo de Facebook (con WhatsApp e Instagram no seu contorno) e os dominios de Google, o mercado de LinkedIn, pasando polos paxariños de Twitter, e sen esquecer a SnapChat, no que podemos considerar como un curioso retrato do cambiante mundo das redes sociais.
Vídeo co que Hootsuite homenaxea o retorno de Juego de Tronos
Accidentada estrea da serie nos EE.UU.
Como xa aconteceu co episodio final de True Detective, a estrea a pasada noite do primeiro episodio da nova tempada de Game of Thrones saldouse cun balance negativo para o servizo HBO Go, que volveu caer, deixando aos seus subscritores sen a posibilidade de recibir a serie á vez que os usuarios que ven a televisión a través de receptores tradicionais, deixando en evidencia a un servizo que debería ter tomado medidas para non repetir este tipo de incidencia.

