
A empresa galega, participada por un dos grandes grupos industriais españois, amplía con este investimento a súa capacidade para seguir desenvolvendo produtos tecnolóxicos propios cos que innovar nas solucións de marketing en liña.
O obxectivo desta alianza empresarial é aproveitar sinerxías para lanzar produtos máis competitivos ao mercado. Ambas as dúas empresas traballan xa no desenvolvemento dunha aplicación para optimizar a captación de clientes na canle online.
Ipglobal é líder en España en click to call con Webphone, unha tecnoloxía que pon en contacto telefónico o visitante dunha páxina web coa marca de forma inmediata e gratuíta. O investimento en I+D permitiu á axencia galega evolucionar este produto ata convertelo nunha potente ferramenta analítica para mellorar vendas pola Internet.
Ipglobal inviste nun operador de Voz IP para o lanzamento de novos produtos dixitais
Compartir Este Artigo
