Amazon anunciou hoxe que acadou un acordo para adquirir comiXology, a empresa que revolucionou a experiencia de lectura de banda deseñada en formato dixital grazas á súa tecnoloxía de lectura por viñetas e que actualmente ofrece un impresionante catálogo de obras entre as que figuran os catálogos actuais de grandes editores como Marvel e DC, o que contribuíu a que a súa aplicación para dispositivos móbiles estea considerada como a que máis factura anualmente (exceptuando aos xogos).
Esta ferramenta que serve par descubrir, mercar e ler comics está dispoñible para múltiples plataformas, e coa súa adquisición por parte de Amazon esperan conseguir acelerar a consolidación da nova era para este tipo de publicacións que están experimentar unha transición ao dixital bastante rápida dende a chegada do iPad ao mercado.
A compra de comiXology pecharase no segundo trimestre do ano e a empresa manterá as súas oficinas en New York, polo que non parece que vaia experimentar cambios a curto prazo, aínda que resulta innegable pensar en que nos vindeiros meses podería traducirse esta operación nunha maior integración dos comics na plataforma de distribución de contidos de Amazon, especialmente de cara aos dispositivos Kindle Fire.
Amazon merca comiXology, o principal distribuidor dixital de comics
Compartir Este Artigo

