A Universidade da Coruña anunciou a apertura da súa primeira tenda virtual, un espazo dirixido a pór máis preto dos internautas un variado (no futuro) catálogo de produtos coa súa imaxe corporativa. O espazo, que por estar dando os seus primeiros pasos limítase polo de agora a poucos artigos, contribuirá a través dos devanditos produtos a difundir “unha parte da identidade e imaxe dunha universidade sólida e aberta ao mundo”.
Na súa estrea, a TendaUDC ofrece suadoiros coa marca rexistrada da Universidade da Coruña, “coa intención de que máis adiante se incorporen outros produtos”, explican fontes da institución académica. Os suadoiros de cor gris coa serigrafía da marca UDC en branco, granate, azul ou gris ofrécense en varios talles e tanto para home como para muller. Os prezos varían desde os 20 euros sen capucha a 25 euros con capucha. Segundo engade a UDC, “estes produtos están realizados con garantías de calidade e sustentabilidade”.
A UDC abre tenda en liña
Compartir Este Artigo
