Esta semana Samsung e Iberia anunciaron unha alianza para ofrecer nos novos smartwatches da compañía surcoreana os servizos de iberia.mobi, entre os que figura a tarxeta de embarque, de xeito que os clientes poderán levar a súa tarxeta de embarque no pulso, sen precisar de nada máis para subir ao seu voo.
Na vindeira versión da aplicación móbil de Iberia para Android, cando o cliente facture dende o seu dispositivo e teña sincronizado un Samsung Gear 2, descargará as súas tarxetas de embarque de xeito automático ao seu dispostivo wearable.
Dende Iberia aseguran que “realizar esta aplicación está a ser un desafío, porque traballamos sobre prototipos, creando algo que non existe aínda no mercado; somos unha das primeiras aeroliñas en incorporar a tarxeta de embarque wearable, que cremos que vai ter moi boa aceptación por parte dos nosos clientes”.
Iberia estreará en breve tarxetas de embarca wearables
Compartir Este Artigo

