As empresas de todo tipo hoxe en día ao seu alcance múltiples recursos tecnolóxicos para axudalas a incrementar a súa produtividade, organización, comunicación e xestión da información. Pór nomes propios a algunhas destas tecnoloxías máis común e amosar ferramentas concretas como Opinat, que permite ás empresas xestión as opinións dos seus clientes e elaborar informes e diagramas de xeito automático, son os grandes obxectivos de dúas xornadas que se van desenvolver o 6 e o 7 de maio en Santiago, máis polo miúdo no Centro Demostrador TIC.
As xornadas, a celebrar en horario de 17.00 a 20.00 horas, teñen feitura de obradoiros e comparten unha arela común por visualizar servizos diversos para a mellora da nosa produtividade, aínda que por diferentes (e complementarios) camiños.
O primeiro deles, que impartirá Rafael García, responsable da empresa Valor 2.0, leva por título Mapa de solucións de produtividade e organización para traballadores do coñecemento, e ten como obxectivo “dar a coñecer un abano actualizado de metodoloxías, prácticas e ferramentas coas que incrementar a produtividade e o nivel de organización entre equipos integrados por traballadores do coñecemento”, informan fontes de AMTEGA (axencia da que depende o Centro Demostrador TIC). Por certo que neste obradoiro tamén se exporán casos prácticos.
O segundo seminario, O valor real da opinión do cliente. O único número a facer crecer, celebrarase o 7 de maio e será impartido por José M.ª Raventós, director xefe de Opinat, e Rocío Alcobre, directora e consultora da zona norte de Opinat e directora de SIreponsable. Na xornada, informa o CDTIC, analizaranse os sistemas que se usan a día de hoxe “para obter resposta dos clientes e coñecer o sistema Net Promoter Score (NPS), empregado polas mellores empresas do mundo para poder valorar as contribucións da súa filosofía, o seu enfoque e a súa xestión aos negocios”. Opinat é como dixemos unha ferramenta que fai máis sinxela a xestión diaria das valoracións alleas dunha empresa, así como a elaboración automática de informes e diagramas de Pareto.
O CDTIC celebra dous obradoiros sobre ferramentas para acadar máis produtividade e fidelidade dos clientes
Compartir Este Artigo
