
O módulo será introducido por Birchman, socio comercial de IBM. Adolfo Domínguez beneficiarase tanto de que IBM sexa unha das empresas que ten un centro cloud local coma do feito de que este centro estea conectado cunha rede internacional, que a finais de ano estará conformada por 40 centros en todo o mundo.
Cómpre dicir que a rede de centros cloud de IBM permite aos clientes empregar aplicacións a nivel internacional sen necesidade de depender das liñas de Internet para a conexión a servidores situados en distintos países, evitando deste xeito os problemas causados polo tráfico das redes públicas. Amais, os clientes poden elixir un dos centros para situar o seu servizo ou elixir que estea dispoñible en varios deles por razóns de negocio ou para servizos de disaster recovery,
A xeito de curiosidade, dicir que entre os clientes internacionais da tecnoloxía cloud de IBM se atopan empresas como Heineken, Philips Smart TV, Honda, Toyota, L”Oreal, Grupo Zúric, Visa Europe, Continental e o Open de Tenis de Estados Unidos e de Australia.
IBM xestionará os establecementos de Adolfo Domínguez
Compartir Este Artigo
