
Deste xeito, supérase amplamente a actual capacidade dos sistemas dispoñibles no CPD da Deputación de Pontevedra, tanto no referido a servidores de ficheiros como a sistemas de copia de seguridade, indispensables para asegurar a persistencia dos datos xerados.
Debido a isto, o pasado 14 de maio publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o expediente de contratación para a adquisición dun sistema de almacenamento NAS de alta capacidade. Trátase dun sistema de almacenamento “moi ambicioso” que consta de dous equipos replicados entre si e situados en cada un dos CPD da Deputación, contarán cun almacenamento mínimo de 290 TB adaptable como mínimo ata 2,5 PB. Soportará os sistemas de arquivos CIFS, NFS, FTP e Hadoop de forma nativa, dará soporte para ACL complexas, integración con Directorio Activo, balanceo de carga en front-end con posibilidade de aplicación de políticas Round-Robin, carga de CPU, throughput e número de conexións. Segundo engade a Deputación, “o prego de prescrición deseñouse dunha maneira moi aberta para garantir a concorrencia no proceso e primouse en grande medida a posibilidade de flexibilidade e adaptabilidade do sistema así como o almacenamento inicial ofertado polo licitador”.
Esta adquisición permitirá a obtención de vantaxes adicionais nos servizos prestados a través dos sistemas da Deputación, como a liberación nas cabinas (da actual SAN) do espazo consumido polos servidores de arquivos, así como da carga de IOPS que estes xeran nun sistema que está máis orientado a un servizo transaccional. A liberación permitirá a dedicación dos devanditos recursos á plataforma de servidores front-end, aumentando a capacidade de medre do sistema de cara a novos proxectos e servizos ofrecidos.
A Deputación de Pontevedra saca a licitación un avanzado sistema de almacenamento NAS no seu CPD
Compartir Este Artigo
