
Trátase dunha “historia épica ao longo do Camiño de Santiago, con seis grandes heroes de Galicia como protagonistas”, segundo palabras do seu autor. Asemade, resultaban finalistas os proxectos Tres pitos e un capón e Imos aviados. Os autores dos tres traballos seleccionados terán a posibilidade de perfeccionar as súas ideas nun obradoiro impartido por profesionais de recoñecido prestixio. A CRTVG comprométese a mercar os dereitos de propiedade intelectual do episodio piloto do gañador para exhibilo na súa web.
O xurado final, integrado por: Paula Hernández, directora de enawebseriada.com; Jorge Casinello, director de Entre pipas; Sebastián Talavera, profesor da Facultade de Comunicación da Universidade de Sevilla e realizador de autopromocións de Canal Sur Televisión; Esther Medina, xefa da Área de Innovación e Novas Canles da CRTVG, e Ignacio Varela, coordinador do concurso, decidían por unanimidade de acordo cos contidos e criterios establecidos nas bases do concurso declarar gañador ao proxecto Xogo de heroes. Neste senso, o xurado salientou “a alta calidade dos proxectos e a dificultade que supuxo decantarse por un deles. Do mesmo xeito, quedou patente a idoneidade de que todos fosen finalmente levados a cabo”.
O concurso de webseries da CRTVG xa ten gañador e finalistas
Compartir Este Artigo
