“Que non pode facer un móbil?” Esta é unha boa pregunta, pois a cada segundo chégannos anuncios de novas funcións ligadas a estes aparellos que avanzan tecnoloxicamente a paso de xigante cara o humano, tentando converterse nun membro máis do noso corpo. E isto vén a conto dunha nova que nos trae Vodafone, relacionada co seu programa de social media Vodafone Firsts –do que xa falamos en Código Cero– unha idea que pretende inspirar á xente a facer cousas extraordinarias por primeira vez empregando tecnoloxía móbil. Desta volta a compañía, coa colaboración dun grupo de música dance electrónica chamado Booka Shade, fixo realidade -por primeira vez- unha orquestra de teléfonos convidando a 600 seguidores a erguer os seus teléfonos ao aire para proxectar sons e cores durante a súa presentación o pasado 9 de maio en Berlín.
Cada smartphone do concerto (celebrado en Umspannwerk) foi controlado en vivo por un dúo de músicos dende o escenario, creando un espectáculo visual e musical que permitía aos seareiros ser parte da actuación. O concerto interactivo recaía nos teléfonos reais da audiencia. Nunhas grandes pantallas colocadas arredor do local indicábaselle á audiencia cando premer o botón de Go na aplicación de Vodafone -creada de xeito específico para o concerto- e a música comezaba a soar.
A directora de marca de Vodafone Grupo, Barbara Haase, apunta: “É fantástico poder asociarnos con Booka Shade para crear esta experiencia única e axudar a este grupo pioneiro a alcanzar un First tan inspirador. BookaShade é o primeiro grupo que traballa coa tecnoloxía móbil dunha maneira tan creativa nun concerto, achegando moito máis aos seus fans á música. Engadir que durante a presentación gravouse un vídeo que se compartirá a través das redes sociais de Vodafone, do mesmo xeito que ocorreu co resto de “Firsts”.
Vodafone e Booka Shade transforman 600 smartphones nunha orquestra
Compartir Este Artigo
