
Segundo engadiu, esta segunda convocatoria significará un importante pulo para dúas ducias de novos proxectos nos que participan 104 empresas e 12 centros de I+D, mobilizando máis de 17 millóns de euros. A un nivel xeral, abranguendo as dúas convocatorias no seu conxunto, Varela Rey dixo que están a xerar preto de 500 postos de traballo na Comunidade, “configurándose ao mesmo tempo como a mellor vía para o acceso á innovación do tecido empresarial galego, composto nunha gran parte por pequenas e medianas empresas”. Ao fío disto, lembrou que preto do 80% das empresas participantes na segunda convocatoria son pequenas.
Salientou tamén que o programa insírese na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia – RIS3, a folla de ruta da innovación en Galicia nos vindeiros anos. Esta estratexia, lembrou, abrangue 3 retos: un novo modelo de xestión de recursos naturais e culturais baseado na innovación, un novo modelo industrial sustentado na competitividade e o coñecemento; e un novo modelo de vida saudable cimentado no desenvolvemento tecnolóxico. Segundo engadiu Varela Rey, Conecta PEME complementa ao programa Innterconecta no traballo que está a desempeñar a Xunta a prol dunha innovación aberta. “Entre ambas actuacións”,explicou, “estanse a mobilizar máis de 240 millóns de euros en proxectos innovadores que contribúen a mellora competitiva do tecido empresarial ao sumar, ambos programas, máis de 500 empresas beneficiadas”.
Conecta PEME dá acubillo xa a 200 empresas impulsando iniciativas innovadoras
Compartir Este Artigo
