Vodafone vén de lanzar unha iniciativa a medida dos que estean a preparar unha estadía profesional máis ou menos longa no país irmán. A tarifa Falar e Navegar en Portugal, así se chama, está dirixida sobre todo a autónomos e empresas. Deste xeito, aqueles profesionais que crucen a raia dende este martes 8 de xullo poderán falar e navegar co plan Rede da operadora que teñan contratado por dous euros ao día (2,42 IVE incluído). Ademais, a tarifa inclúe as chamadas internacionais dende España a Portugal. O obxectivo de Vodafone é converterse na primeira operadora que lanza unha solución de itinerancia para os clientes que, por motivos laborais ou de lecer, viaxan moito entre España e Portugal.
Co fin de botar luz sobre este servizo, Vodafone pon o exemplo dun autónomo que teña un plan Rede M e que se desprace ao país veciño: poderá gozar de chamadas e SMS ilimitados e 2 XB de datos, tanto en España como en Portugal. Así, cando o cliente utilice o seu móbil en Portugal, terá un custo de 2 euros (2,42 IVE incluído) por día de uso (24 horas).
Como dixemos, a tarifa tamén inclúe as chamadas internacionais que se fagan desde España a Portugal coma se fosen nacionais, é dicir, están incluídas dentro do plan Rede do cliente. Falar e Navegar en Portugal ten unha cota de alta de 10 euros (12,1 euros con IVE). Esta tarifa tamén está dispoñible para clientes particulares que o soliciten, aínda que non é compatible coa Tarifa de Viaxe, xa que só se pode activar unha delas.
Vodafone lanza unha tarifa para facilitar as comunicacións dos profesionais que viaxen a Portugal
Compartir Este Artigo
