
Na inauguración Pereira avanzou que a nosa terra contará cunha nova Axenda Dixital para o horizonte 2020 e que na elaboración desta nova estratexia dixital o seu departamento contará coa achega de expertos, das administracións e da sociedade galega, “apostando por un modelo de intelixencia colectiva para acadar unha estratexia de todos e para todos os galegos”. Pereira tamén fixo saber que dende 2014 a Axenda Dixital de Galicia mobilizou “preto de 1.000 millóns de euros que permitiron avanzar no achegamento da banda larga a todos os galegos, no establecemento dunha política integral de impulso da eAdministración electrónica ou nas medidas para lograr a efectiva introdución das TIC no tecido empresarial galego”. Para a titular de AMTEGA, o obxectivo agora é proseguir os logros acadados “e converxer coa Unión Europea en 2020”.
Volvendo ao seminario, que por certo conta coa colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, sinalar que ten como obxectivo proporcionar unha visión xeral das políticas dixitais a eses tres niveis, ilustradas mediante a presentación das axendas dixitais da UE, de España e a relación existente entre elas. Un destacado elenco de especialistas internacionais, de ámbito español e galego incidirán, hoxe e mañá, na importancia da interoperabilidade coma un requisito necesario para a interconexión dos sistemas informáticos a nivel da Unión Europea. Mediante exemplos concretos de sistemas informáticos ilustrarán e afondarán nesa interoporabilidade. Asemade, presentarán as estratexias europeas en computación na nube e licitación electrónica.
O CPEIG e AMTEGA inauguran o seminario sobre a Axenda Dixital Europea
Compartir Este Artigo
