
Deste xeito quérese dar respaldo ás empresas e aos proxectos que xeran negocio, melloran a competitividade e axudan ao crecemento empresarial e, polo tanto, á creación de emprego estable e de calidade. Asemade, esta proposta alíñase coa estratexia de excelencia que o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) está a impulsar no marco da súa política de clústers.
O Clúster TIC Galicia achegará vantaxes para as empresas que sexan recoñecidas con estes distintivos, que serán concedidos por períodos anuais e poderán ser renovados no caso de que se cumpran os requisitos establecidos nas bases de cada un deles.
O selo Empresa Tractora recoñecerá ás empresas dimensionadas que fomenten o crecemento e fortalecemento das PEME a través da subcontratación. Para optar a el cómpre ser socio do Clúster, acreditar unha cifra de negocios superior a seis millóns de euros no último exercicio e liderar polo menos tres proxectos desenvolvidos nos últimos catro anos que supuxeran contratación de pequenas ou medianas empresas por importe mínimo de 500.000 euros.
En canto ao selo Proxecto Colaborativo Clúster, este dartá apoio a aqueles proxectos que estean impulsados por polo menos tres entidades e que supoñan un investimento arriscado en tecnoloxía e cun potencial diferenciador para abrir novos mercados. Pode optar a el calquera tipo de entidade socia do Clúster (empresas, universidades ou centros tecnolóxicos asociados…). O proxecto debe ter un orzamento mínimo de medio millón de euros.
O Clúster TIC promove a colaboración entre empresas cunha dobre iniciativa
Compartir Este Artigo
