
Con todas estas cifras e obxectivos, o programa convértese (en palabras do Consorcio) na aceleradora de empresas innovadoras e tecnolóxicas “máis potente de toda España”. Así, engaden os responsables da iniciativa, non existe outro acubillo de proxectos empresariais en todo o Estado que destine aos seus proxectos seleccionados tal cantidade de apoios. En termos concretos, VíaVigo achegará ás dez iniciativas escolmadas para a súa segunda convocatoria 1.250.000 euros entre capital semente e achegas a fondo perdido, ademais doutros 250.000 euros en gastos de formación e consultoría. Así o deron a coñecer os días pasados delegada do Consorcio, Teresa Pedrosa, Manuel Varela, director da Axencia Galega de Innovación, Juan Cividanes, director de XesGalicia e Pedro Núñez, director de Vigo Activo SCR. Perante os medios, presentaron o acordo de participación da Xunta na aceleradora do Consorcio e na que se anunciou a ampliación do prazo de presentación de ideas ata o 31 de xullo.
Lembrar que VíaVigo, na súa primeira edición recibiu propostas de 131 ideas de negocio de todo tipo de sectores, das que finalmente dez xa están a piques de rematar a súa fase de aceleración “cun nivel de satisfacción moi alto entre todas elas”, explica o Consorcio.
Os proxectos seleccionados en VíaVigo poderán recibir ata 125.000 euros
Compartir Este Artigo
