Hai menos dun par de meses un xulgado zaragozano ditou un auto polo que obrigaba a varios provedores de acceso á Internet españois a bloquear o acceso á varias páxinas web do grupo Spanishtracker para os seus usuarios, das que o máximo expoñente era NewPCT.com, que pouco tardou en ofrecer nomes de dominio alternativos para librarse do bloqueo, e finalmente o bloqueo cautelar do acceso solicitado pola Brigada de Seguridade Informática da Policía Xudicial levantarase por considerarse que “os feitos denunciados non eran constitutivos de delito” segundo un auto de 2013 do mesmo xulgado.
O xuíz do Xulgado de Instrución nº 10 de Zaragoza afirma que non existe “motivo suficiente” para acordar unha “medida limitativa de dereitos, como a que se solicita, máxime cando a mesma non é en absoluto necesaria para a continuación da investigación”.
Levantarase o bloqueo das páxinas web de Spanishtracker
Compartir Este Artigo

