
A actividade, cunha duración de 7 horas e media, ten como obxectivos “a formación dos usuarios no eido das novas tecnoloxías e proporcionar aos participantes os coñecementos e as prácticas precisas para a manipulación de imaxes dixitais a través do uso do programa de software libre Gimp. Segundo informan fontes da biblioteca pública, os participantes aprenderán a editar e retocar fotografías, crear fotomontaxes e aplicar efectos. “Este obradoiro ten un carácter eminentemente práctico de cara á súa aplicación e aproveitamento na vida cotiá”, engaden. As datas de celebración son as seguintes: do 4 ao 8 de agosto de 11.30 a 13.00 horas nas salas de traballo en grupo do terceiro andar da biblioteca. Diríxese sobre todo a maiores de 18 anos con coñecementos básicos de ferramentas informáticas e sistemas operativos.
A Biblioteca Ánxel Casal de Santiago organiza un obradoiro de iniciación a Gimp
Compartir Este Artigo
