
Ambas as partes consideran que o papel da tecnoloxía “é fundamental en áreas como a economía, a seguridade ou as comunicacións, para dar un necesario impulso á Sociedade da Información e a Economía Dixital”. A constitución desta colaboración, engadiron os responsables de Telefónica e da Confederación, é o primeiro paso para sensibilizar ás organizacións integradas en CEOE sobre as vantaxes e as novas oportunidades que se derivan do uso das tecnoloxías da información.
Para a posta en marcha do acordo, Telefónica e CEOE constituíron unha comisión de traballo que se reunirá periodicamente para planificar, supervisar e avaliar os programas e accións que se vaian desenvolvendo no marco deste convenio.
Telefónica intégrase como socia tecnolóxica da CEOE
Compartir Este Artigo
