O xornal El Correo Gallego elabora de xeito anual unha guía cos lugares considerados máis bonitos da nosa terra. Trátase dun documento que recompila unha ampla descrición dos lugares que por tradición, beleza ou importancia cultural se atopan nesta listaxe. A novidade chega este ano, pois coa colaboración de OBIUT (Obradoiro de Ideas Urbanas e Territoriais), vénse de crear o visor dos 125 Lugares máis Fermosos de Galicia.
OBIUT é unha empresa compostelá adicada aos Sistemas de Información Xeográficos e ao desenvolvemento de novas tecnoloxías, aplicacións web e aplicacións para móbil, relacionadas con análise territorial, información espacial e a xeolocalización.
E indo ao miolo desta nova, como se pode facer isto? Empregando os Sistemas de Información Xeográficos e tecnoloxía en desenvolvemento de aplicacións web, créase un visor web map, que permite aos usuarios localizar cada un dos lugares que abranguen esta publicación, permitindo ter un maior coñecemento de cada un deles, non só coa súa descrición e imaxes senón tamén coa súa localización e a súa contorna.
O visor dos 125 lugares máis belos de Galicia permite, a partir dunha listaxe acceder directamente á localización e á información dos lugares, para posteriormente, e utilizando as súas ferramentas de zoom e desprazamento movernos pola súa contorna.
Os 125 lugares máis bonitos de Galicia vistos dende a casa
Compartir Este Artigo
