
O obxectivo do seminario consiste en dar a coñecer aos asistentes as características técnicas, potencialidade e usos das base de datos NoSQL e, en concreto, MongoDB. Tamén permitirá aos interesados tomar unha decisión sobre se desexan se inscribir no curso sobre administración e desenvolvemento de bases de datos MongoDB (40 prazas e 2 exames de certificación de balde) que manterá aberto o seu prazo de inscrición ata o día 25 de setembro.
O seminario vai dirixido preferentemente a administradores de bases de datos, desenvolvedores, administradores de sistemas e, en xeral, persoal técnico das TI con interese na temática. O relator da xornada será Sergio Rodríguez, director de formación da empresa Core Networks (partner oficial de formación MongoDB), enxeñeiro de telecomunicacións e instrutor oficial de Cloudera e de Oracle University.
A asistencia ao seminario, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo do local. O acceso ao salón de actos para aquelas persoas non inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento.
Os interesados en asistir a este seminario que non poidan desprazarse a Santiago, poden consultar na rede de aulas CeMIT para buscar a aula que quede máis preto do seu domicilio dende a que pode solicitarse a participación no seminario por videoconferencia.
O prazo de inscrición estará aberto ata o día 22 de setembro.
O CNTG acolle en setembro un seminario sobre MongoDB
Compartir Este Artigo
