
Lembrar que esta tecnoloxía, que xa foi probada con éxito en eventos de relevo como é o caso das xornadas JAI (Xornadas de Automatización Industrial da Universidade de Vigo), está baseada nun sensor de profundidade, o mesmo sensor que emprega Kinect e que na súa orixe desenvolveuse para xogar á videoconsola Xbox. O sistema que usa Gradiant é pois un sensor de fondura que xera visualizacións das persoas que pasan baixo o seu eido de visión, a través de infravermellos e determinando cales son as rexións da imaxe que se corresponden coas cabezas desas persoas, para facer desta maneira o cómputo.
Segundo informa Gradiant, as posibilidades que achegan as imaxes xeradas por Kinect non se limitan a isto, senón que tamén pode ser aplicada esta tecnoloxía de detección e seguimento para visualizar e manipular unha imaxe médica sen necesidade de contacto físico ou para detectar caídas de pacientes de idade avanzada nun centro médico. A maiores, os sensores desta índole amosan potencial para a localización de obstáculos para persoas invidentes ou para o escaneado de obxectos para a súa impresión en 3D.
Ao fío disto, Gradiant tamén está a traballar nun proxecto chamado HOLOS que tira proveito deste tipo de sensores no ámbito do control e o seguimento de pacientes dependentes e todo de xeito “non intrusivo”. Pola súa banda, noutra das súas iniciativas, TECOOPAGA, os investigadores do centro tecnolóxico avalían a calidade de carnes de vacún mediante a extracción de características relacionadas co volume do animal.
Gradiant emprega sensores de 3D para o control de multitudes ou no seguimento de persoas dependentes
Compartir Este Artigo
