
O pequeno tamaño que caracteriza as empresas galegas do sector, sinala o Clúster, fai “imprescindible a colaboración e a suma de capacidades”, para pór en valor virtudes como o dinamismo e a gran capacidade innovadora e de xeración de coñecemento que ten Galicia se falamos de TIC.
Cómpre dicir que arestora o Clúster está a traballar en grandes proxectos abeirados á estratexia europea Horizonte 2020 e máis á Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia, nas áreas consideradas “prioritarias” para o sector: a exportación, a I+D+i, a colaboración entre empresas tractoras e firmas de pequeno tamaño e o financiamento. Neste último ámbito, está xa en marcha a quinta edición do foro Clúster TIC Capital Network, que rematará en novembro cun encontro entre emprendedores e investidores.
Emporiso, o Clúster na súa campaña de captación de socios, salienta as vantaxes e servizos que empresta ás empresas, entre os que se contan: proxectos de I+D; proxectos de desenvolvemento tecnolóxico; servizos de internacionalización; misións inversas; programas de formación; xornadas de networking; vixilancia de axudas, concursos e licitacións; tramitación de documentación; servizos de gabinete de comunicación; relación coas administracións públicas, e convenios con provedores que, en palabras da organización, “permiten aos socios ter acceso a descontos especiais en produtos e servizos.” O Clúster tamén incide en que as redes sociais e outras ferramentas de comunicación baseadas nas novas tecnoloxías serán os principais apoios da campaña de captación de socios.
O Clúster TIC vai á procura de máis socios
Compartir Este Artigo
