
O libro, unha obra colectiva, acubilla artigos de antigas alumnas e alumnos do Máster en Tradución Multimedia e tamén de profesores asociados da Facultade de Filoloxía e Tradución. A obra basea un dos seus puntos fortes en atreverse a acometer unha paisaxe case infinita: o gran mundo de posibilidades que se abre aos tradutores coa Sociedade da Información, as novas tecnoloxías, as redes sociais e o afianzamento de dispositivos de última xeración a todos os niveis. Dito doutro xeito: a demanda de produtos dixitais de todo tipo que se ofrezan no meirande número de idiomas é unha demanda que medra con cada segundo que pasa. Na liña de dala a coñecer sitúase un dos artigos presentes no libro, da investigadora Mercedes Rodríguez, que analiza o proceso de localización das numerosas aplicacións desenvolvidas para Android, centrándose especialmente no uso de ferramentas de balde, libres e multiplataformas. Segundo fai saber Mercedes Rodríguez, “a enorme rapidez coa que avanza esta tecnoloxía e o enorme crecemento que están experimentando todos os mercados asociados a ela fan prever que a localización para dispositivos móbiles acadará, nos vindeiros anos, unha cota moi importante dentro do mercado global da tradución”.
Investigadoras da UVigo publican un libro no que se amosa o enorme potencial das TIC para os nosos tradutores
Compartir Este Artigo
