
Continuando co costume de achegarse a unha figura pública para descubrir a súa relación co mundo da tecnoloxía, esta semana conversarase con Miguel Ángel Blanco, protagonista da serie da TVG Serramoura, quen podería sorprender por ter unha relación co mundo da informática máis profunda do que dá a entender o seu traballo.
E para completar o espazo radiofónico, o xornalista e blogueiro Nacho Mirás Fole visita os estudios da Radio Galega para contar as súas experiencias na Rede, que nos últimos tempos levárono a converter o seu blog nun libro de grande éxito: El mejor peor momento de mi vida.
O blogueiro Nacho Mirás pasará ante os micrófonos da Radio Galega esta fin de semana
Compartir Este Artigo

