Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A compostelá Situm Technologies faise co primeiro premio YUZZ
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A compostelá Situm Technologies faise co primeiro premio YUZZ

Redacción
Publicado: 17/12/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

yuzz_ganhadores_JAV_0308.jpgA iniciativa YUZZ Mozos con ideas, dirixida polo Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE) e patrocinada polo Banco Santander, celebrou esta mañá en Madrid unha gala na que deu a coñecer os tres proxectos gañadores da edición 2014 do programa de emprendemento.
A compostelá Situm Technologies proclámase vencedora da quinta edición de YUZZ a nivel nacional. Presentada por Adrián Canedo Rodríguez e Víctor Álvarez, a empresa de localización en interioresrecibe 30.000 euros en concepto de financiamento económico para seguir impulsando o seu proxecto e a súa tecnoloxía. O podio desta nova gala complétano Métrica6, de Juan Francisco Cáliz González, e MOOBEAT, de Anna Almenar Ribes, que recibirán unha dotación económica de 20.000 e 10.000 euros, respectivamente.
Nesta quinta edición do programa, máis de 500 mozos tiveron a oportunidade de formar parte dun gran proxecto de sete meses de duración, no que se lles brindou formación e titorización personalizada para o desenvolvemento e maduración das súas ideas de negocio.
yuzz_ganhadores_JAV_0368.jpgA primeira selección de YUZZ tivo lugar o pasado outubro, nela escolléronse 24 emprendedores (representantes dos seus centros locais) para viaxar do 7 ao 12 de decembro a Silicon Valley e poder asistir a master class con expertos e sesións inspiradoras no berce do emprendemento e a innovación. O representante galego desta fase foi Situm Technologies, unha empresa dedicada ao deseño e ao desenvolvemento de sistemas de localización e navegación en interiores para smartphones que ofrece servizos xeoposicionados que se basean na creación de aplicacións para móbiles e permiten, entre outros:
situm_localizacion_mobil.jpg1) guiado de persoas en grandes superficies,
2) busca de produtos e tendas en centros comerciais
3) promocións personalizadas para cada usuario (sobre a base dos seus hábitos e posición en tempo real)
4) estudo de comportamento de clientes en tenda (p. ex. traxectorias, puntos quentes, etc.)
5) información sobre a posición de empregados en tempo real (p. ex. en fábricas)
6) audioguías geoposicionadas para museos.
Esta startup constituíuse en febreiro de 2014 e púxose en marcha en xullo xuntando o talento de tres investigadores (Víctor Álvarez Santos, Cristina Gamallo Solórzano e Adrián Canedo Rodríguez) do grupo de robótica formado no CITIUS. Este non é o seu único recoñecemento, senón que tamén se fixeron co premio Smart Ideas dentro do proxecto Smart City da Coruña e tamén participan noutros proxectos de emprendemento como Open Future Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?