Nas vendas en liña trunfan as viaxes, os billetes para espectáculos e, como non, os produtos de tecnoloxía, e para achegar ao público unha boa oferta de trebellos electrónicos a prezos atractivos chega hoxe dende Vigo unha nova tenda en liña, Quipup, que leva varias semanas dándose a coñecer a través dun vídeo no que convidan a transeúntes a pronunciar o nome da súa marca (Kuipap? Kipap? Kuipup? Kipup?) e unha promoción na que sortearon un robot BB-8, que será un dos xoguetes tecnolóxicos estrela no vindeiro Nadal.
Precisamente sobre o Nadal a propia tenda en liña adianta que dende o 12 de decembro terá un 20% de desconto en todas as súas compras, rebaixa superior ao 17,36% que temos nos famosos días sen IVE que celebran distintas cadeas de electrónica de consumo, polo que será unha grande oportunidade para facerse con certos produtos como agasallo para o Nadal.
Quipup ofrece unha interesante selección de smartphones, tabletas, wearables, accesorios (fundas, cargadores, teclados Bluetooth, baterías externas…), auriculares, altofalantes, tarxetas de memoria, discos duros, pendrives e outros produtos que se irán incorporando nas vindeiras semanas buscando sempre unha boa experiencia como reza o seu lema “enjoy shopping, enjoy tech” (goza da compra, goza da tecnoloxía). As entregas realizaranse en 24 horas, con portes de balde a partires dos 150 euros e empregando sistemas de pagamento seguros para tranquilidade dos compradores.
Detrás deste proxecto están Sergio Costa, Rafa Lojo e José Alcañiz, profesionais con grande experiencia en proxectos en liña, que acompañados pola súa mascota Quippy buscan crear a mellor tenda de tecnoloxía en liña posible, segundo podemos ver no seu blog, que é unha fiestra aberta a esta iniciativa de comercio electrónico.
Bota a andar a tenda en liña de produtos tecnolóxicos Quipup
Compartir Este Artigo
