A Xunta e Telefónica colaborarán no desenvolvemento da Industria 4.0 en Galicia, aproveitando o peso e a capacidade innovadora da empresa tractora de telecomunicacións para adaptar á comunidade á nova revolución industrial. Como primeiro paso desta colaboración entre a Xunta e a multinacional, a compañía organizou en Santiago a xornada Industria Conectada 4.0, novos modelos de negocio, que abordou o efecto desa renovación tecnolóxica en sectores como a automoción e o forestal.
Durante o encontro, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou que a Industria 4.0, e as tecnoloxías facilitadoras asociadas a ela, suporán novas oportunidades de negocio que Galicia debe aproveitar non só no sector fabril, senón no agro e nos servizos. E neste senso, trasladou a empresarios e emprendedores o respaldo do Goberno galego, a través da Axenda Galicia-Industria 4.0, para abordar o aproveitamento destas oportunidades.
Conde resaltou que a Industria 4.0 maximizará a eficiencia e a produtividade do tecido empresarial galego; e o desenvolvemento de tecnoloxías facilitadoras tamén pode xerar patentes nas universidades e centros tecnolóxicos e “vai a necesitar novas máquinas e servizos, software e provisións de todo tipo, abrindo novos modelos de negocio B2B, especialmente no eido das TIC”.
As oportunidades que se abren en torno aos novos modelos de negocio asociados á fábrica intelixente; ás redes intelixentes de enerxía; á loxística intelixente; aos produtos intelixentes; ou ás plataformas de colaboración interempresariais que teñan estándares de información en todo o mundo.
Xunta e Telefónica colaborarán no desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia
Compartir Este Artigo

