
Entre estas sete achegas da Universidade de Santiago que contan a arestora co apoio orzamentario da FECYT atópase o campionato internacional de modelado de precisión en 3D con teléfono móbil, D3Mobile, dirixido por Juan Ortiz. Tamén está, dende o Campus de Lugo, o programa Xuvenciencia, un proxecto liderado por Mercedes Novo. A listaxe complétase con Regueifas de Ciencia (unha proposta liderada por Laura Sánchez que consiste na organización de catro foros de debate sobre outros tantos temas de interese científico), ESTALMAT (programa de Estímulo do Talento Matemático para estudantes de 12 a 15 anos, impulsado polo reitor Juan Viaño), o espazo de divulgación científica Efervescencia 16 (guiado polo divulgador Manuel Vicente), Creactívate (unha iniciativa de Carlos Hernández Sande), e a proposta coordinada por Mª Carmen Bao Varela Desenvolvemento de recursos educativos dixitais para o ensino de Física-Química, Tecnoloxía, Bioloxía-Xeoloxía en Educación Primaria, ESO e BAC.
A USC lidera o ránking de universidades con proxectos financiados pola FECYT
Compartir Este Artigo

