Xa se pode conseguir en toda España o novo DNI 3.0. Ou sexa, que os cidadáns que queiran renovar ou expedir por vez primeira o documento identificativo xa contan coa posibilidade de ter nas súas mans o novo formato do documento, unha tarxeta equipada (entre outras cousas) con tecnoloxía NFC (transmisión de datos) e que atesoura capacidade para acubillar información sobre o permiso de conducir ou do cartón sanitario. A confirmación do devandito (a posibilidade de acadarmos o DNI 3.0 en todos o territorio estatal) veu da man da Policía Nacional a través da súa conta en Twitter. Os cidadáns que queiran comezar o proceso de renovación xa poden facelo a través da web dnielectronico.es.
Ademais, afondando nas súas características, a tarxeta incorpora un chip certificado como dispositivo seguro (de maior capacidade e velocidade que o anterior modelo) máis novas medidas de seguridade que dotan a sinatura electrónica da mesma validez xurídica cá firma manuscrita. Na súa presentación, a comezos do ano, o DNI 3.0 foi dado a coñecer como unha nova achega para acadar “un país máis seguro2.
Xa se expide en todo o territorio estatal o DNI 3.0
Compartir Este Artigo

