A serie El Ministerio del Tiempo, unha das apostas máis rechamantes de Televisión Española nos últimos anos, non só chegou a converterse en serie de culto por ousar a abordar un xénero afastado do habitual nas ficcións televisivas españolas, senón que tamén fixo unha grande aposta transmedia na súa primeira tempada, que na segunda tempada vai reforzarse considerablemente, construíndo “o universo transmedia máis completo da televisión actual”, con numerosos contidos independentes á serie de televisión, como unha ficción sonora titulada Tiempo de Valientes, un programa en liña con entrevistas aos participantes na serie, numerosa mercadotecnia e, como elemento transmedia central da tempada, o que aseguran que será o “primeiro episodio de realidade virtual interactivo nunha serie no mundo”. A experiencia de realidade virtual desenvolvida por RTVE en colaboración con Future Lighthouse e Onza Entertainment chegará unha vez estreada a nova tempada.
El Ministerio del Tiempo tamén fará un uso intensivo de Twitter, Facebook e Instagram, e incluso ten aberto un proceso de selección de bolseiros que permitirá que un grupo de elixidos (10 cada semana) poidan formar parte dun grupo exclusivo de WhatsApp da segunda tempada da serie a través do que distribuirán contido exclusivo ou en primicia.
El Ministerio del Tiempo terá un episodio en realidade virtual
Compartir Este Artigo
