Nas instalacións dos Orange Labs que veñen de abrir as súas portas en Barcelona desenvolveron probas piloto de comunicacións 4G+ utilizando LTE Advanced nas bandas dos 2.600, 1.800 e 800 MHz simultaneamente na modulación de sinal 256QAM sobre equipos de tecnoloxía Ericsson conseguindo superar a barreira dos 500 Mbps nunha conexións de datos móbiles, sendo a primeira vez que se consegue algo semellante en España, e demostrando que o 4G aínda ten bastante vida por diante, con velocidades de conexión impresionantes, que chegan incluso a superar a oferta comercial actual da fibra óptica.
Actualmente esta tecnoloxía móbil estaría dispoñible en Madrid e Barcelona, e conseguiría estas velocidades avanzadas grazas á agregación de 3 bandas (en vez das 2 que fai o 4G+ actual) pero falta agora que cheguen terminais que poidan tirar proveito deste tipo de comunicacións.
Orange supera os 500 Mbps de descarga por 4G en Barcelona
Compartir Este Artigo
