A primeiros de mes xurdiu a polémica ao redor dunha actualización dos iPhone con lector de pegadas dixitais que, en caso de certas manipulacións previas do hardware, vía como un erro 53 deixaba o terminal inservible, ocasionan un claro malestar para os afectados, por non ter recibido ningunha advertencia previa a este fallo a todas luces provocado intencionadamente por Apple para evitar que nos seus móbiles se instalen compoñentes non orixinais.
En vista da reacción do público, dá a impresión de que Apple recuou e para os usuarios que queiran instalar agora iOS 9.2.1 dende iTunes transmíteselle unha versión modificada do software que restaura os terminais que quedaran anteriormente inservibles, á vez que tamén permite que os usuarios que actualmente teñan un iPhone 5c ou superior cun lector de pegadas non orixinal poidan seguir utilizando o seu móbil e incluso sincronizalo con iTunes sen medo a estragalo, aínda que loxicamente a funcionalidade de Touch ID non funcionará agás que se teña un compoñente oficial subministrado por Apple.
Apple soluciona o polémico erro 53
Compartir Este Artigo
