Durante os últimos anos os automóbiles inclúe un porto OBD II (situado normalmente baixo o volante) que facilita información do vehículo, que pode procesarse dixitalmente, o que Samsung decidiu aproveitar para presentar unha solución de seu, Samsung Connect Auto, que achega alertas en tempo real para favorecer unha condución segura, incrementa o aforro de carburante e incluso pode funcionar como punto de acceso Wi-Fi para que os pasaxeiros poidan ter conexión á Rede nos seus trebellos durante as viaxes.
Este accesorio chegará ao mercado no segundo trimestre do ano, e pretende facilitar a integración entre móbil e automóbil, que irá evolucionando nos vindeiros anos segundo vaia converténdose en realidade a Internet das Cousas e sexa máis frecuente a comunicación entre máquinas, o que no caso dos vehículos achegará vantaxes en moitos ámbitos (entre os que destaca a seguridade).
Samsung presenta un módulo para avanzar no concepto de vehículos conectados
Compartir Este Artigo

