Nun escenario complexo no que podemos dar por fracasadas as experiencias de Televisión Dixital Terrestre (TDT) de ámbito local en Galicia, hai iniciativas que foxen da televisión tradicional e optan polas novas plataformas de distribución para chegar ao público, e así podemos ver hoxe o nacemento de Televisión Rural de Galicia, unha canle creada grazas á colaboración dos concellos de Coles, Maside e Amoeiro, que en vez de recibirse a través da antena de televisión, chega a través da canle temática en alta definición FollowUS Televisión (FWSTV) que botou a andar na Internet o pasado mes de agosto, e que pode reproducirse en smartphones, tabletas, ordenadores e televisores conectados (sendo posible gozar dos seus contidos nun televisor ordinario valéndose dun accesorio asumible como é o Chromecast de Google).
Temos así unha nova canle de televisión en liña, que iniciou as súas emisións en probas o 14 de febreiro, e que hoxe nace oficialmente cun vídeo no que os alcaldes dos concellos que colaboran no proxecto dan a benvida aos espectadores. Explican que a nova canle facilita a comunicación dos tres concellos entre si, e aínda que cada concello terá espazos de seu, tamén acometerán producións conxuntas que axuden a dar visibilidade a realidade das vilas que emprenderon esta interesante iniciativa.
O rural galego estrea unha televisión en liña
Compartir Este Artigo
