Nos últimos anos estamos a ver como as resolucións das pantallas medra esaxeradamente, superando incluso a ultra alta definición, o que supón todo un reto para a transmisión de datos, e iso levou a Asociación de Estándares de Vídeo en dispositivos Electrónicos (VESA) a publicar a versión 1.4 do estándar DisplayPort, que supón a meirande actualización deste tipo de porto dende setembro de 2014, e sería o primeiro estándar DisplayPort en aproveitar a tecnoloxía de DSC que permite unha relación de compresión 3:1 sen perda de calidade, ideal para conseguir son e imaxe de alta calidade.
O estándar DisplayPort 1.3 permite largos de banda de ata 32,4 Gbps, e en certas configuracións permite o uso simultáneo de 2 monitores de ultra alta definición, pero o estándar DisplayPort 1.4 vai máis aló facilitando a posibilidade de transmitir vídeo de 8K con HDR a 60 Hertz e 4K con HDR a 120 Hertz, de xeito que estamos ante unhas especificacións feitas para cumprir practicamente todas as esixencias para os vindeiros anos, contando tamén coa facilidade de operar a través de portos USB-C (como tamén fai o estándar DisplayPort 1.3).
A nova especificación tamén inclúe corrección de erros de transporte (FEC), a transmisión de datos meta HDR (para permitir estándares HDR futuros) e audio expandido (sería capaz de transmitir calquera formato de audio coñecido en ata 32 canles a 1.536 KHz).
O estándar DisplayPort 1.4 adáptase a pantallas 8K
Compartir Este Artigo
