Apple leva varios anos enleada en xuízos acusada de pactar o prezo dos libros electrónicos cos editores nunha conspiración para incrementar os prezos, e aínda que en 2014 aceptara pagar unha multa de 840 millóns de dólares, continuaron a defenderse nos xulgados ata que a cantidade fixada quedou reducida ata 450 millóns de dólares, que finalmente parece que será a cantidade que terán que satisfacer, xa que o Tribunal Supremo rexeitou hoxe a apelación de Apple.
O Departamento de Xustiza estimaba que o pacto segredo entre os editores, no que Apple tería xogado un papel crucial, faría que os libros electrónicos subisen o seu prezo a 12,99 ou 14,99 dólares dende os 9,99 dólares que custaban anteriormente a través de Amazon.com. Os acordos entre editores forzaron a Amazon a subir tamén os seus prezos, polo que a industria editorial estaría a actuar contra a libre competencia aplicando unha política de prezos claramente lesiva para os consumidores.
Confirman a sentenza a Apple por conspirar para subir os prezos do libros electrónicos
Compartir Este Artigo
