En plena emerxencia de Vine e os seus vídeos no móbil de 6 segundos, Instagram decidira dar o paso de abrir a súa aplicación a vídeos cunha lonxitude máxima de 15 segundos, micro-formato que consideraron ideal para dispositivos móbiles, pero que o uso foi demostrando que daba certos problemas, xa que forzaba a limitar excesivamente certos contidos (de feito, actualmente acéptanse vídeos de ata 30 segundos), de aí que hoxe anuncien que están a preparar a ampliación do límite máximo dos vídeos, que chegará ata os 60 segundos.
Esta nova lonxitude de vídeos comezará a espallarse hoxe entre os usuarios de Instagram, para que nos vindeiros meses estea dispoñible para todos os usuarios e, adaptándose ás posibilidades dunha maior duración, as aplicacións móbiles de Instagram tamén inician a incorporación da posibilidade de mesturar varios vídeos nunha única publicación en Instagram (que estrearase na versión 7.19 para iOS).
Instagram aceptará vídeos de ata 60 segundos
Compartir Este Artigo
