A Administración autonómica e o Consello de Contas colaborarán arreo para mellorar o fluxo de información e integrar no seu seo un sistema “máis eficiente de rendes contas”. Así o fixeron saber na sinatura do convenio entre ámbalas institucións o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, e o Conselleiro Maior do Consello de Contas, José Antonio Redondo. Segundo expuxo máis en detalle o conselleiro, o acordo formalizado ten “dous obxectivos fundamentais”, por unha banda mellorar o intercambio de datos entre a Administración autonómica e o organismo fiscalizador a través das novas tecnoloxías e, polo outro, implantar un sistema máis eficiente que axilice a rendición de contas que a Xunta de Galicia realiza periodicamente ao Consello de Contas.
Valeriano Martínez explicou que para a consecución deses fins formarase unha comisión mixta conformada por representantes do Consello de Contas e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma. “Este novo órgano traballará en iniciativas que propicien render contas de maneira telemática, faciliten o acceso á documentación e melloren o seguimento das recomendacións contidas nos informes de control que de xeito periódico elabora o Consello de Contas”, engadiu.
Xunta e Consello de Contas unen forzas para mellorar o intercambio de datos
Compartir Este Artigo

