Para facer máis doado compartir chíos de xeito privado, Twitter está a aplicar un cambio no que a opción de “Compartir por mensaxe directa” terá un botón de seu, que serve así para iniciar unha conversa privada sobre un contido en concreto. Esta nova funcionalidade chega hoxe mesmo á última versión das aplicacións móbiles de Twitter para Android e iOS.
Con este tipo de medidas Twitter busca enriquecer as conversas en privado, tarefa na que están a dedicar moitos esforzos ultimamente facilitando o envío de GIF e emojis ou eliminando o límite de 140 caracteres nas comunicacións directas, e incluso dotando a este sistema de comunicación de facilidades para que as marcas o empreguen dende os seus servizos de atención ao clientes, de xeito que pouco a pouco prospera como unha canle efectiva de comunicación privada, para que certas discusións non provoquen ruído nas conversas públicas e poidan desenvolverse con discreción.
Twitter potencia a opción de compartir chíos en privado
Compartir Este Artigo
