
Cómpre lembrar que a rede CPAE 2.0 presta servizo de información a autónomos e PEME da provincia de Pontevedra, ofertando unha serie de actuacións para potenciar o desenvolvemento económico a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación dos procesos produtivos e servizos, facilitar a implantación do comercio electrónico e crear unha nova canle de venda en liña de produtos e servizos.
Para acadar os seus obxectivos, o CPAE 2.0 ofértalles aos seus destinatarios (un colectivo integrado por 64.000 autónomos e PEME da provincia de Pontevedra que constitúe o 92 % do tecido empresarial desta), unha serie de eventos informativos innovadores. Nos últimos seis meses a asistencia media dos eventos formativos do CPAE 2.0 triplicouse ata chegar ao medio millar de persoas, ao abeiro das reunións mantidas pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, cos diversos axentes sociais e empresariais para impulsar este proxecto que, en palabras da responsable da entidade provincial, “goza hoxe da maior repercusión desde que comezou a súa andaina”.
En relación co dito, informar que o último evento formativo desenvolvido, unha completa achega ás vantaxes de comercializar os servizos e produtos das PEME nas redes sociais, acadou máis de 40 solicitudes de reserva, o que obrigou a institución provincial a reeditalo o vindeiro 19 de abril.
Os interesados en inscribirse nos eventos formativos poden obter maior información do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 na web www.cpae20.depo.es.
As actividades recentes de CPAE 2.0 xuntaron máis de medio milleiro de persoas
Compartir Este Artigo

