Hoxe comeza a prazo de presentación da campaña da Renda 2015 de xeito telemático (que de xeito presencial non comezará ata o 10 de maio), de xeito que sería posible comezar a solicitar e confirmar a través da Internet o borrador das declaracións da renda e patrimonio do pasado ano, o que provocou unha grande afluencia de usuarios durante a mañá, mantendo a páxina web da Axencia Tributaria practicamente inaccesible.
A propia Axencia tivo que dar conta a través das redes sociais dos problemas técnicos que están a experimentar, e incluso habilitaron o acceso para a descarga do programa PADRE que permite realizar a declaración dende un equipo informático con Windows, Linux ou OS X, mentres que a grande novidade deste ano só funcionará cando o tráfico da páxina web da AEAT se normalice, xa que trátase da aplicación Renta Web, que como ben indica o seu nome, funciona vía web sen precisar instalación, o que responde a unha grande demanda dos cidadáns: poder presentar a declaración dende un smartphone ou tableta. Os contribuíntes con rendas derivadas de actividades económicas deberán seguir a empregar o programa PADRE.
A Axencia Tributaria comeza a campaña da Renda 2015 cos servidores saturados
Compartir Este Artigo
